No marco do Día Internacional da Muller, expóñense, ao longo das escaleiras, os carteis da colección "De niñas a leyendas: 25 mujeres deportistas que han hecho historia".
O obxectivo desta iniciativa e continuar visibilizando o papel da muller na sociedade e neste caso concreto, no deporte, sector no que, polo xeral, os principais referentes seguen a ser homes. Queremos contribuír, polo tanto, ao camiño de acadar un trato igualitario.
Nesta exposición poderas coñecer a historia de deportistas como:
- Verónica Boquete: Futbolista galega.
- Lydia Valentín: Halterofilia
- Carolina Marín: Bádminton
- Ana Peleteiro: Atletismo na modalidade de triple salto.
- Sandra Sánchez: Karateka.
- Mireia Belmonte: Nadadora.
- Edurne Pasabán: Alpinista.
- Joana Pastrana: Boxeadora
Nesta liña tamén queremos promover a iniciativa "asnosas.gal", un xornal dixital en galego cuxo obxectivo é informar e visibilizar o deporte feminino galego: https://asnosas.gal/
¿Tes algún referente deportivo feminino?¿Practicas algún deporte e non coñeces a ningunha deportista desa modalidade? Convidámoste a que busques nestes carteis e coñezas a súa historia:
Ningún comentario:
Publicar un comentario