domingo, 12 de novembro de 2023

SAN MARTIÑO 2023

Un ano máis, profesorado e alumnado do centro participaron no maior evento deportivo da provincia. 

Xa son 46 as edicións que se leva celebrando a carreira popular do San Martiño e desta volta tivemos 78 alumnos e alumnas que decidiron completar este reto, desfrutando dunha mañá saudable e divertida.

Queremos felicitar a todos e todas as participantes e desexar que este tipo de xornadas se convirtan en hábitos para logo pasarse a un estilo de vida activo e saudable.

Destacando os mellores tempos:
  • Sub 18 (masculino): Nicolás E.D. - 20:41
  • Sub 18 (feminino): Sen Representación
  • Sub 16 (masculino): Iago B.R. - 21:13
  • Sub 16 (feminino): Sabela P.R. - 28:16
  • Sub 14 (masculino): Alejandro A.C. - 24:44
  • Sub 14 feminino): Mihret S.G. - 26:14
Fotos da xornada:





















































sábado, 11 de novembro de 2023

MAGOSTO: Xogos populares e tradicionais

 Este venres 10 de Novembro fíxose o Magosto do centro.

Por un lado a A.N.P.A. coa axuda do alumnado colaborador de 4º ESO encargouse da comida: bolos preñados, castañas e bica. 

Por outro lado, no marco do CPInnova - Edusaúde e en colaboración co equipo de dinamización e normalización lingüística (EDNL), levouse a cabo unha xornada lúdica a través dunha escolma de xogos populares e tradicionais, ambientados con música variada en galego. Os xogos foron organizados e dirixidos polo alumnado de 4º ESO aos que agradecemos a súa implicación e bo facer.

Tanto alumnado como profesorado puidemos desfrutar dunha marabillosa xornada de convivencia e diversión. 

Xogos realizados:

  • Billarda.
  • Chave (de Ourense).
  • Birlos/bolos.
  • Carreiras de sacos e tres pés.
  • Habilidade cos zancos.
  • Salto á corda.
  • Tiro de corda.
  • Mariola.

Fotos da xornada: