martes, 7 de maio de 2024

FIN DO CAMPIONATO DE FÚTBOL SALA

 O venres pasado puxemos fin a unha das competicións máis agardada polo alumnado, o Campionato de Fútbol Sala.

Foron 4 os equipos na categoría de 1º-2º da ESO e 7 equipos na categoría de +3º da ESO. Ámbalas categorías estiveron igualadas e tiveron finais de infarto que se resolveron mediante tanda de penaltis.

  • 1º-2º da ESO: O encontro finalizou cun empate 2-2 e os penaltis caeron do lado de Censurados F.S.
  • +3º ESO: A Kikoneta  foi quen de pasar dun 4-1 ata o 4-4 final, forzando a resolución mediante penaltis, pero desgraciadamente non puideron culminar a remontada e caíron derrotados na tanda de penaltis ante os Pelaos F.S.
Parabéns aos vencedores, pero sobre todo aos participantes polo comportamento e ao comite organizador pola boa xestión.

Algunhas fotiños:


Campións Categoría +3º ESO: Pelaos F.S.

Campións Categoría 1º-2º ESO: Censurados F.S.

Finalistas +3º ESO: Kikoneta

Finalistas 1º-2º ESO: Sen nome




















mércores, 24 de abril de 2024

DESCUBRINDO A ESCALADA

Un dos obxectivos do noso proxecto é aportarlle ao alumnado cantidade e variedade de experiencias motrices que teñen na contorna. Desta volta foi a quenda da escalada no club ASESOU.

O alumnado de 1º Bacharelato coñeceu 2 modalidades de escalada:
  • Escalada Boulder ou "en bloque": Trátase de superar percorridos "pasos" en paredes de menor altura. No caso de realizala no monte emprégase unha colchoneta portatil e plegable en forma de mochila (crashpad). Polo resto, tan só pés de gato, magnesio e a colgarse.
  • Escalada Deportiva: Realízanse paredes de maior altura e engadindo elementos de seguridade como arnés e corda, casco... Coñecimos e probamos todos estes elementos e superamos expectativas en canto ás alturas conseguidas!.
Foi unha xornada divertida, cargada de emocións e adrenalina, onde o noso alumnado foi enfrontándose a seus medos e experimentando distintos retos de dificultade variable. Puidemos comprobar que hai auténticos "homes e mulleres araña" no noso centro e de seguro que se animará a repetir. Agora xa sabedes doutra opción divertida e saudable para desfrutar do tempo de lecer.

Agradecer ao club ASESOU e aos técnicos/as pola súa acollida, disponibilidade e bo facer. De seguro que nos veremos máis veces!
Algunhas fotiños:
































luns, 15 de abril de 2024

SEMANA DA SAÚDE

 O día 7 de Abril conmemórase o Día Mundial da Saúde e dende o profesorado participante no Contrato Programa Innova - Edudasúde organizouse a Semana da saúde no noso instituto.

O obxectivo foi centrar nesta semana iniciativas que promovan estilos de vida saudables dende un enfoque global, é dicir, dende as 3 dimensións que ten a saúde. "Estado de benestar físico, mental e social."

Realizouse entre o día 8 e 12 de Abril e incluíronse as seguintes actividades:

  • Punto de alimentación saudable con reparto de froita nos recreos.
  • Exposicións sobre alimentación.
    • Exposición Canto azucre bebes?: Análise e mostra do azucre que levan diferentes bebidas que pode consumir o noso alumnado. Elaborada polo alumnado de 2º ESO en Física e Química.
    • Exposición Masterchef saudable: Propostas de diferentes menús saudables deseñados polo alumnado de 1º de Bacharelato en Educación Física.
    • Exposición "Las moléculas que comemos": Carteis informativos deseñados e distribuídos polo CSIC (Centro superior de investigaciones científicas). Abórdanse distintos aspectos relacionados coa alimentación.
  • Análise e reflexión dos estilos de vida dende as titorías. Levas unha vida saudable?
  • Charla sobre os trastornos da conduta alimentaria en 3º e 4º da E.S.O.
  • Organización da Liga de Fútbol Sala.
Xa sabes, a que esperas para aplicar todo isto e pasarte a un estilo de vida activo e saudable? 

Punto de alimentación saudable: Reparto de froita







Charla de Trastornos da conduta alimentaria.


Tablón de exposicións: Canto azucre bebes? (2º ESO)




Exposición CSIC: Las moléculas que comemos





Proposta menú saudable: Masterchef saudable (1º BACH)