domingo, 20 de novembro de 2022

O FERRO COUSELO NA SAN MARTIÑO

 O profesorado e alumnado do noso centro estivo presente na edición nº45 da carreira popular San Martiño. Este evento levaba dende 2019 sen celebrarse con normalidade, pero puidemos ver que trala pandemia segue a congregar a milleiros de persoas dispostas a pasar unha mañá divertida e saudable.

Gran participación do alumnado e fabuloso ambiente, como sempre!

Agardamos que cada ano se sumen máis e non sexa a última San Martiño do alumnado participante nesta edición.

PARABENS ALUMNADO!!!

Aquí podes ver o teu tempo: RESULTADOS CARREIRA ESCOLAR

E agora, unhas fotiños para a lembranza:






































domingo, 13 de novembro de 2022

DIVERTÍNDONOS COS XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

 O Xoves 11 de Novembro desfrutamos dunha xornada lúdica onde o alumnado de 4º ESO organizou e supervisou a posta en práctica de xogos populares e tradicionais de Galicia.

Alumnado e profesorado pasamos un día divertido e diferente grazas aos xogos que empregaban os nosos devanceiros. Os xogos que se experimentaron foron:

  • Billarda.
  • A chave (variante ourensá).
  • Xogo de bolos: Adaptación dos Birlos ao canteiro.
  • Zancos.
  • Carreira de sacos.
  • Os tres pés.
  • O tiro de corda ou turra-soga.
  • A mariola.