O alumnado de 4º da ESO desfrutou dunha xornada de iniciación ao esquí en Manzaneda. 48 mozos e mozas dos cales 46 nunca probaran a esquiar puideron experimentar esta práctica deportiva dun xeito económico e seguro.
A visita consistíu en
- Pola mañá: 2 horas de clase de esquí con técnico deportivo especializado.
- Pola tarde: A escoller entre aplicar o aprendido, por libre, nas pistas da estación, ou ben, relaxarse no Spa de Manzaneda.
As condicións meteorolóxicas foron inmellorables para aprender e sen dúbida pasamos un día xenial, cargado de diversión, convivio e novas experiencias.
Estamos seguros de que aquí xurdiron novos e novas esquiadoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario