xoves, 27 de outubro de 2022

1º E.S.O. VISITA O MORRAZO

 O luns 17 de Outubro, o alumnado de 1º ESO do IES Xesús Ferro Couselo participou nunha saída cultural proposta polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, coa colaboración do departamento de Educación Física, a MUSEO MASSÖ (Bueu) coa finalidade de facer un taller sobre a importancia da conservación dos océanos. 

A actividade realizada "Mensaxe nunha botella" pretendeu concienciar ao alumnado da importancia dos océanos no planeta, tanto pola diversidade de especies como pola súa influencia sobre o clima. Esta actividade completouse coa visita ao museo nun percorrido histórico sobre as Fábrica de conservas Massó que posúe unha gran colección de instumentos de navegación, documentos, libros antiguos e maquetas de barcos históricos; así como, testimonios da actividade industrial das conservas e da pesca de baleas a principios do S.XX.

Pola tarde realizaron unha pequena ruta de sendeirismo no PARQUE DOS SENTIDOS (Marín). Na primeira parte da ruta experimentaron e desfrutaron co Tornillo de Arquímedes instalado no estanque, un invento que lles permitiu descubrir como se extraía auga, de sitios complicados, na antiguedade. Continuamos a ruta polas diferentes zonas do parque descubrindo o Auditorio, a zona de tobogáns, o tobogán xigante e a zona dos instrumentos musicais. Desfrutamos dun parque fabuloso, cheo de zonas variadas e dun entorno estupendo onde desenvolver os cinco sentidos.







luns, 10 de outubro de 2022

SURFEANDO

Este luns 10 de Outubro o alumnado de 1º de Bacharelato desprazouse á praia da Lanzada (O Grove) para desfrutar dunha fantástica xornada de iniciación ao Surf de man da ESCOLA PRADO SURF.

SEGURO QUE QUEDARON CON GAÑAS DE REPETIR!








venres, 7 de outubro de 2022

COÑECENDO O RUGBY

Esta semana recibimos a visita de Américo, adestrador do OURENSE RUGBY e grazas a el o alumnado de 1º,2º e 3º da E.S.O. puido descubrir este marabilloso deporte de xeito lúdico e divertido.

Agradecer a súa dedicación e bo facer e desexar ao Ourense Rugby moitos éxitos!

Para o alumnado interesado en iniciarse no rugby, podedes acudir a un adestramento:

Algunhas fotiños da actividade...





















xoves, 6 de outubro de 2022

A SEUS POSTOS, LISTOS, XA!

Comeza o blog do departamento de Educación Física e o Proxecto de Vida Activa e Deportiva no I.E.S. Xesús Ferro Couselo.

Aquí poderás enterarte das actividades deportivas e saudables que se propoñan neste curso 2022/2023, así como descubrir contidos que che axudarán a mellorar o teu estilo de vida. 

PÁSATE A UN ESTILO DE VIDA ACTIVO E SAUDABLE!