mércores, 28 de febreiro de 2024

CAMPIONATO DE BÁDMINTON

O pasado venres puxemos fin ao campionato mixto de Bádminton no que houbo máis de 50 participantes repartidos nas categorias de 1º-2º ESO e + de 3º ESO.

O campionato consistíu nunha primeira fase de grupos e posteriormente eliminatorias e desfrutamos de ver un bo nivel, así como encontros moi disputados. Os gañadores foron:

  • 1º-2º ESO: Luken (2º ESO)
  • + de 3º ESO: Samuel V. (1º de Bacharelato)
e agora, a polo vindeiro campionato, Brilé!