venres, 31 de marzo de 2023

Roteiro termal en Ourense

 O mércores 29 de Marzo, o alumnado de 1º e 2º da ESO que participa no programa "Agrupaciones escolares" fixo un roteiro termal polo río.

A ruta con saída nas termas da Chavasqueira e destino nas termas de Outariz pasando polo Tinteiro, complementou actividades de estudo das augas termais e coñecemento de flora e fauna de ribeira, así como actividades relacionadas coa xeoloxía, a orientación e incluso usos dos muíños como fábricas ao aproveitar augas do río.

Por outra banda, tamén se tratou o uso dun parque de calistenia como opción para a realización de exercicio físico saudable.

Actividade completa en diferentes ámbitos. Fíxose actividade física e saúde á vez que se adquiriron coñecementos sobre o entorno e dende o propio entorno.








CAMPIONATO DE BRILÉ

 Co remate da 2ª avaliación finalizou tamén o campionato de balón prisioneiro ou "brilé". Gran acollida por parte do alumnado con uns 70 alumnos/as distribuídos en 10 equipos, 5 equipos en cada categoría. 

As finais foron disputadas no derradeiro día do trimestre cos seguintes resultados

  • Categoría 1º- 2º ESO: Judit Legends (2º ESO) venceron a Antipayos (2º ESO) por 2 xogos a 0
  • Categoría 3º- 4º ESO + Bach: Los limpiadores (3º ESO) venceron a Faris&Co. (4º ESO) por 2 xogos a 1.
Por outra banda a selección de Profes All Star fixo un encontro de honra contra os finalistas da categoría 1º-2º ESO saíndo derrotados en cada partido. O profesorado deu o mellor de si, pero non foi suficiente para levarse a medalla!

Parabens a todos/as participantes e espectadores polo bo comportamento amosado e o ambiente respectuoso que se vivíu. Xa veremos que outras ligas internas nos depara a 3ª avaliación.

Judit Legends. Campións 1º-2º ESO

Los antipayos. Finalistas 1º-2º ESO

Los Limpiadores. Campións 3º-4º ESO + Bach

Faris&Co. finalistas 3º- 4º ESO + Bach.

Profes All Star
































xoves, 30 de marzo de 2023

8-M: Día Internacional da muller

Sendo conscientes do papel historicamente invisibilizado da muller no deporte, así como das fendas que hai tanto en repercusión social, tratamento nos medios de comunicación, salarios e oportunidades... fixéronse 2 actividades vinculadas ao papel da muller no deporte.
  1. Exposición de carteis con 25 exemplos de mulleres deportistas e titulada "De niñas a leyendas".
  2. Charla "Mulleres relevantes no mundo do fútbol". O alumnado de 2º da ESO, participou nunha charla levada a cabo por dúas mulleres relevantes no mundo do fútbol  co obxectivo de visibilizar ás mulleres en ámbitos masculinizados. Por unha banda, Alba Rodríguez González como adestradora do CD Arenteiro e seleccionadora Ourensá Sub-14 feminino e Beatriz Seijas Couce como adestradora de Fútbol sala de Ourense Envialia B e ex xogadora internacional de 1ª división de fútbol sala.











xoves, 2 de marzo de 2023

CAMPIONATO DE BÁDMINTON

 O 1 de Marzo finalizou o campionato de Bádminton, no cal participaron máis de 40 alumnos/as e que se dividíu en 2 categorías e cuxos finalistas foron:

  • 1º-2º E.S.O.: Emma Baliña. e Eric Quintas.
  • 3º-4º E.S.O. + Bach: Alejandro Rodríguez e Samuel Vázquez.
Tralas espectaculares finais, os vencedores foron nas súas respectivas categorías, Emma e Alejandro. Trala final, deleitaronnos cuns puntos espectaculares entre eles.


Parabéns!


















PASEO MATEMÁTICO

 A proposta do Departamento de Matemáticas e no marco do Proxecto de Vida Activa e Deportiva, o alumnado de 3º da E.S.O. desfrutou este venres 24 Febreiro dun xogo de pistas matemático

A actividade consistíu en descubrir zonas emblemáticas do Casco Vello de Ourense onde, a través da app MathCityMap, debían resolver as probas matemáticas asociadas. O alumnado demostrou o seu nivel de forma tanto física como cognitiva e de xeito engadido, promoveuse tamén o desprazamento activo nunha cidade como Ourense, que ten a vantaxe de poder chegar andando a calquera punto. Desprazarse a pé é máis saudable, económico e ecolóxico.

Fantástica iniciativa do Departamento de Matemáticas combinando competencias como a matemática,  a dixital, a lingüistica... con actividade física e saúde.