luns, 9 de xaneiro de 2023

FINALIZADO O CAMPIONATO DE FÚTBOL SALA

 Tras 1 mes de competición, tivo lugar a final do apaixoante campionato de Fútbol Sala. 

Os gañadores foron:

  • Categoría 1º-2º E.S.O.: Pumas que fuman (2º E.S.O.). que se enfrontaron ao equipo de 1º E.S.O. Fuchibol.
  • Categoría 3º-4º E.S.O. e Bach: 1º Bacharelato, tras unha disputada final contra o U.D. Patadas (2º Bacharelato). 2º de Bach. puido acceder á final ao ser terceiros na fase regular e trala suspensión do equipo A trabajar (4º E.S.O.) que acadara o segundo posto durante a fase regular.
Os gañadores obtiveron como premio as medallas dos "Recreos Activos" e ademais tiveron a honra de representar ao alumnado nun encontro sorpresa ante o combinado do profesorado "Profes All Star". O partido estivo arbitrado polo profesor/colexiado Henrique, cunha actuación tan brillante como firme e imparcial. 1º de Bacharelato non puido evitar a derrota ante os Profes All Star mentres que os Pumas que fuman conseguiron un merecido empate nos últimos instantes do encontro.

Algunhas fotiños do evento:

Gañadores - 1º Bacharelato
Gañadores - 1º Bacharelato

Gañadores - Pumas que fuman (2º E.S.O.)

Finalistas - Fuchibol (1º E.S.O.)

Profes All Star + Colexiado