O alumnado de 1º de Bacharelato finalizou unha unidade didáctica de habilidades básicas de loita cunha actividade de introdución a técnicas de defensa persoal.
Dita sesión foi impartida por Lorena Gómez de Autodefensa Queicoinha:
- Adestradora de defensa persoal feminina.
- Adestradora de defensa persoal policial.
- Adestradora de autoprotección para a muller.
Dende esta actividade tamén se reflexionou sobre situacións de violencia machista e a inxustiza social de que unha muller, polo feito de ser muller, deba ter medo ante situacións que para un home non son para nada perigosas, como por exemplo, camiñar soa a determinadas horas da noite.
Por outra banda, no marco do Día Internacional da Muller, puidemos coñecer a labor de Lorena, visibilizando o papel da muller no mundo dos deportes de loita e as artes marciais, un sector que tradicionalmente se asocia ao xénero masculino. Afortunadamente cada vez máis mulleres se animan a practicar este tipo de actividades e vanse rompendo estes estereotipos.
Grazas a Lorena polos seus coñecementos e bo facer!
Ningún comentario:
Publicar un comentario