mércores, 31 de xaneiro de 2024

Superando obstáculos con SOLIDARIEDADE

 Como cada ano, o 30 de Xaneiro e en conmemoración do día da paz e a non violencia no ámbito escolar colaboramos coa O.N.G. Save the Children

A acción solidaria deste ano vai encamiñada a combater a fame e desnutrición infantil e dende o noso instituto colaboramos recaudando fondos a través da organización dunha carreira solidaria, nesta edición, de obstáculos.

Tanto o alumnado, que era o principal protagonista, como nais, pais e profesorado podía aportar un donativo (entre 1 e 10€) e de paso desfrutar dunha carreira de obstáculos (O.C.R.).

A carreira desenvolveuse no recinto do centro e ademais de correr implicou superar obstáculos onde os participantes tiveron que amosar equilibrio, coordinación, forza para trepar e saltar, velocidade e resistencia.

Se ben a competición non era o obxectivo principal, as persoas máis rápidas por categoría foron:
  • Infantil Masculino: Sergio Q. (2º E.S.O. C)
  • Infantil Feminino: Katia A. (2º E.S.O. D)
  • Cadete Masculino: Matías B. (3º E.S.O. B)
  • Cadete Feminino: África B. (4º E.S.O. B)
  • Xuvenil Masculino: Óscar Glez. (1º Bac B)
  • Xuvenil Feminino: Sabela Álvarez (4º ESO A)
  • Profesorado: Ana L. e Iago.
Un día emocionante, divertido, saudable e sobre todo cargado de SOLIDARIEDADE.

GRAZAS POLA VOSA IMPLICACIÓN.


Info da Organización: 

Algunhas fotiños:



























venres, 26 de xaneiro de 2024

O C.O.B. visita o noso centro

Hoxe tivemos a oportunidade de coñecer a Samuel, Bolong xogadores do C.O.B. e a Alejandro. O noso alumnado puido preguntar sobre aqueles aspectos que máis curiosidade lle causaban e compartir uns tiros libres e triples con eles.

 O vindeiro sábado 3 de Febreiro, xogamos na casa contra o Hestia Menorca e agardamos acudir en masa para deixarnos a voz animando! Se queres a túa entrada, fala durante esta semana co profesorado de E.Física.

 Grazas pola visita e a cercanía.

 Moita sorte para o que resta de tempada!

 











venres, 19 de xaneiro de 2024

PATINANDO SOBRE XEO

 O alumnado de 1º da ESO visitou a pista de xeo localizada no centro comercial Pontevella e deste xeito puido achegarse a unha experiencia motriz pouco común no noso contexto, a patinaxe sobre xeo. 

Tendo en conta o gran abano de actividades que hai no exercicio físico e o deporte, nalgúns casos o descoñecemento e a falta de experiencias motrices variadas é un dos motivos polos que non se asenta un estilo de vida activo e saudable. A patinaxe, sexa sobre xeo ou sobre outras superficies, é unha experiencia máis que se levan estes mozos e mozas e que, de seguro, poderán valorar como opción para un lecer activo e saudable.

Como parte da actividade fixeron o desprazamento a pé, promovendo deste xeito o transporte activo. Camiñar, unha alternativa para moverse nunha pequena cidade como a nosa, é unha opción saudable, ecolóxica e económica, que deberíamos asentar dende cativos.

No marco do contrato programa INNOVA- Edusaúde desfrutaron dunha mañá cargada de actividade física, diversión, novas experiencias e saúde. 

Algunhas fotos: