mércores, 31 de maio de 2023

BAUTISMO NAUTICO EN CASTRELO DE MIÑO (2º E.S.O.)

 De novo, o departamento de Educación Física en colaboración co Club nautico de Castrelo de miño repetíu a saída a dito embalse, desta volta co alumnado de 2º E.S.O.

Este luns 29 o alumnado puido experimentar e desfrutar de:

  • Xogo de pistas e orientación polo entorno de Castrelo.
  • Paddle-surf.
  • Kayak.
  • Wind-surf
  • Uso de pedaletas.
  • Paseo en embarcación a vela "gamba".

Algunhas fotos da actividade:
























martes, 30 de maio de 2023

INFORMES SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA E ESTILO DE VIDA

 Nas ligazóns que se atopan ao final, podedes consultar os informes completos sobre actividade física e o estilo de vida no que participou parte do noso alumnado. 

Empregáronse 2 enquisas:

  1. A primeira constou de 11 preguntas arredor da actividade física.
  2. A segunda constou de 12 preguntas arredor do estilo de vida.
Cos datos recollidos, expóñense os resultados e propóñense unha serie de melloras para acadar un estilo de vida cada vez máis saudable e activo.

E TI, LEVAS UN ESTILO DE VIDA ACTIVO E SAUDABLE?

Ligazóns para consultar os informes:
Póster resume dos informes:






martes, 23 de maio de 2023

BAUTISMO NAUTICO EN CASTRELO DE MIÑO (3º E.S.O.)

 Co obxectivo de promover experiencias arredor dos deportes no medio natural, o departamento de Educación Física en colaboración co Club nautico de Castrelo de miño organizou unha saída a dito embalse.

Este luns 22, o alumnado de 3º da E.S.O. puido experimentar e desfrutar de:

  • Xogo de pistas e orientación polo entorno de Castrelo.
  • Paddle-surf.
  • Kayak.
  • Wind-surf
  • Uso de pedaletas.
  • Paseo en embarcación a vela "gamba".
Castrelo de Miñó é empregado por numerosos deportistas e equipos internacionais para a preparación das súas competicións, pois conta cunhas condicións excepcionais. Localizado a escasa distancia da nosa cidade é unha opción excelente para empregar o noso tempo de lecer de xeito diferente, activo e saudable.


O vindeiro Luns 29, tocaralle ao alumnado de 2º da E.S.O.

Algunhas fotos da actividade: