domingo, 24 de marzo de 2024

CAMPIONATO DE BRILÉ

 O pasado día 22 de Marzo despedimos a 2ª avaliación coas finais do campionato de Brilé. Foron encontros igualados e apaixoantes que fixeron desfrutar a un Ximnasio abarrotado e con gran expectación.  

Os gañadores por categorías foron:

  • 1º-2º ESO: Los cachondos.
  • +3º ESO: Los Jose Antonios.
Posteriormente estes equipos campións disputaron o partido de honra contra a selección do profesorado onde o profesorado amosou un gran xogo en equipo, así como axilidade, forza e reflexos doutro planeta. 

Queremos agradecer a labor das alumnas encargadas da xestión e arbitraxe Alba e Nora que executaron a súa labor durante todo o campionato amosando gran responsabilidade e bo facer.

Algunhas fotos do evento:






"Los cachondos" - Campións 1º-2º ESO

"Los Jose Antonios" - Campións +3º ESO

"Pepesaurios" - Finalistas 1º-2º ESO

"Comoquieras" - Finalistas +3º ESO

Comité de xestión e arbitraxe do campionato

Selección profesorado 1

Selección profesorado 2

Entrega de medallas

Entrega de medallas

Entrega de medallas

Entrega de medallas

Entrega de medallas








sábado, 16 de marzo de 2024

INICIACIÓN AO ESQUÍ EN MANZANEDA

 O alumnado de 4º da ESO desfrutou dunha xornada de iniciación ao esquí en Manzaneda. 48 mozos e mozas dos cales 46 nunca probaran a esquiar puideron experimentar esta práctica deportiva dun xeito económico e seguro. 

A visita consistíu en

  • Pola mañá: 2 horas de clase de esquí con técnico deportivo especializado.
  • Pola tarde: A escoller entre aplicar o aprendido, por libre, nas pistas da estación, ou ben, relaxarse no Spa de Manzaneda.
As condicións meteorolóxicas foron inmellorables para aprender e sen dúbida pasamos un día xenial, cargado de diversión, convivio e novas experiencias. 

Estamos seguros de que aquí xurdiron novos e novas esquiadoras.












mércores, 6 de marzo de 2024

EXPOSICIÓN DEPORTISTAS FEMININAS

 No marco do Día Internacional da Muller, expóñense, ao longo das escaleiras, os carteis da colección "De niñas a leyendas: 25 mujeres deportistas que han hecho historia".

O obxectivo desta iniciativa e continuar visibilizando o papel da muller na sociedade e neste caso concreto, no deporte, sector no que, polo xeral, os principais referentes seguen a ser homes. Queremos contribuír, polo tanto, ao camiño de acadar un trato igualitario.

Nesta exposición poderas coñecer a historia de deportistas como:

  • Verónica Boquete: Futbolista galega.
  • Lydia Valentín: Halterofilia
  • Carolina Marín: Bádminton
  • Ana Peleteiro: Atletismo na modalidade de triple salto.
  • Sandra Sánchez: Karateka.
  • Mireia Belmonte: Nadadora.
  • Edurne Pasabán: Alpinista.
  • Joana Pastrana: Boxeadora
Nesta liña tamén queremos promover a iniciativa "asnosas.gal", un xornal dixital en galego cuxo obxectivo é informar e visibilizar o deporte feminino galego: https://asnosas.gal/

¿Tes algún referente deportivo feminino?¿Practicas algún deporte e non coñeces a ningunha deportista desa modalidade? Convidámoste a que busques nestes carteis e coñezas a súa historia:












LOITA, DEFENSA PERSOAL E MULLER NO BACHARELATO

 O alumnado de 1º de Bacharelato finalizou unha unidade didáctica de habilidades básicas de loita cunha actividade de introdución a técnicas de defensa persoal

Dita sesión foi impartida por Lorena Gómez de Autodefensa Queicoinha:

  • Adestradora de defensa persoal feminina.
  • Adestradora de defensa persoal policial.
  • Adestradora de autoprotección para a muller.

Dende esta actividade tamén se reflexionou sobre situacións de violencia machista e a inxustiza social de que unha muller, polo feito de ser muller, deba ter medo ante situacións que para un home non son para nada perigosas, como por exemplo, camiñar soa a determinadas horas da noite.

Por outra banda, no marco do Día Internacional da Muller, puidemos coñecer a labor de Lorena, visibilizando o papel da muller no mundo dos deportes de loita e as artes marciais, un sector que tradicionalmente se asocia ao xénero masculino. Afortunadamente cada vez máis mulleres se animan a practicar este tipo de actividades e vanse rompendo estes estereotipos.

Grazas a Lorena polos seus coñecementos e bo facer!