venres, 22 de decembro de 2023

FINAIS DOS CAMPIONATOS: Balonmán e Baloncesto

Como xa ven sendo habitual, o derradeiro día de avaliación celebramos o fin dos campionatos organizados disputando as finais e os partidos de honra contra a selección do profesorado.

Viviuse un ambientazo no polideportivo. Grazas ao alumnado por despedir este 2023 cuns encontros emocionantes e de gran nivel . Os resultados foron os seguintes:

Campionato de Balonmán.

  • Categoría 1º-2º ESO: Os finalistas foron Sapoconchos vs 33. O equipo 33 foi vencedor por 5 goles a 3.
  • Categoría + 3º ESO: Os finalistas foron Esguinces Gil vs Cented Academy. Esguinces Gil resultaron vencedores por 6 goles a 2.

Campionato de Baloncesto.

  • Categoría 1º-2º ESO: Os finalistas foron 1º-2º ESO MIX vs Salchipapas. 1º-2º ESO MIX impúxose con gran solvencia.
  • Categoría + 3º ESO: Os finalistas foron MIX vs 1º BAC. 1º BAC impúxose nun emocionante encontro que tivo que ser resolto mediante canastra de ouro.
Os vencedores de cada deporte e categoría, ademais de recibir as correspondentes medallas e o seu lugar no salón da fama do Departamento, disputaron o encontro de honra contra a selección de profesorado. Por suposto, o profesorado non tivo piedade e impuxo con rotundidade a súa calidade en todos e cada un dos encontros 😅 Queda claro quen escribe isto!

Agardando xa polos campionatos da vindeira avaliación
desexámosvos un 
BO NADAL E FELIZ 2024.

FOTOS:
Campións basket 3x3: 1º-2º ESO MIX

Campións balonmán:  33

Campións basket 3x3: 1º Bac

Campións balonmán:  Esguinces GIL

Finalistas Baloncesto: Salchipapas

Finalistas Balonmán: Sapoconchos

Finalistas Baloncesto: MIX

Finalistas Balonmán: Cented Academy

Entrega de medallas






Mesa de trofeos

Foto equipo 1º-2º ESO MIX

Foto equipo 33

Foto equipo 1º Bac

Foto equipo Esguinces GIL

All Star Profes: Balonmán

All Star Profes: Baloncesto







Ambientazo







BO NADAL, ACTIVO E SAUDABLE

Fostes moitos os que participastes no reto de coordinación e ritmo que propuxemos durante os últimos recreos activos. Ademais das risas e o bo rato compartido, coa vosa implicación fixemos esta felicitación de NADAL. Búscate no seguinte vídeo 😊

VÍDEO NADAL

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO.









xoves, 14 de decembro de 2023

Club Fútbol Sala: Xuventude Ourense

 O pasado Venres 1 de Decembro visitaron o noso centro Toni (presidente) e Andrés (adestrador) do club de Fútbol Sala Xuventude Ourense. 

Con esta visita puidemos coñecer o funcionamento de dito club e achegar unha nova opción para a práctica do Fútbol Sala.

Se estades interesados, aquí tedes información importante sobre os adestramentos:

  • Mércores de 19:30 a 20:45 no pavillón Manuel Sueiro (Lagoas)
  • Venres de 17:30 a 19:00 no pavillón de Oira.
Podes seguilos en Facebook e Instagram:

Se che gusta o Fútbol Sala, anímate a coñecelos.