domingo, 12 de febreiro de 2023

KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

O 30 de Xaneiro conmemórase o Día escolar da Non-violencia e a Paz, polo que o Luns 31 de Xaneiro colaboramos coa O.N.G. Save the children mediante unha carreira na que os participantes entregan un donativo recollido previamente coa axuda dos seus "patrocinadores".

A carreira desenvolveuse na contorna do centro, concretamente no fermoso paseo do Barbaña e a participación foi todo un éxito con 171 participantes entre o alumnado e 10 entre o profesorado. En total 181 persoas que conseguiron recaudar máis de 630€ para a organización Save The Children.

A competición non era o obxectivo principal, pero aínda así, as persoas máis rápidas por categoría foron:
  • Infantil Masculino: Daniel F. (1º E.S.O. A)
  • Infantil Feminino: Vega M. (2º E.S.O. B)
  • Cadete Masculino: Izan F. (4º E.S.O. A)
  • Cadete Feminino: Sabela P. (3º E.S.O. A)
  • Xuvenil Masculino: Roberto R. (1º Bac A)
  • Xuvenil Feminino: Xiana F. (1º Bac B)
  • Profesorado: Ana L. e Miguel.

Fantástico día, divertido, saudable e sobre todo cargado de SOLIDARIEDADE.