Co fin desta avaliación chegan tamén as finais das Ligas internas que se fixeron, Brilé e Bádminton.
Respecto ao Brilé, como cada ano, foi un campionato cargado de participación e bos enfrontamentos no que os resultados foron os seguintes:
- Categoría 1º e 2º ESO: Os finalistas foron "Maurete" contra "Z". Finalmente Maurete foron os vencedores!
- Categoría +3º ESO: Jorobaos F.C. impúxose a Chincheto 77.
Respecto ao Bádminton. Moi bo campionato e cun nivelón, especialmente na categoría de 1º-2º ESO. Os resultados foron:
- Categoría 1º e 2º ESO: Tras unha final moi disputada e de altísimo nivel, Leah impúxose a Daniela. Parabéns a ambas polo nivel amosado!.
- Categoría +3º ESO: Alan foi o vencedor deste campionato fronte a Pablo A. que volve a escapárselle un ano máis. Parabéns a ambos polo gran campionato realizado!
Queremos destacar tamén aos equipos arbitrais e de xestión dos campionatos (4º ESO) que fixeron unha magnífica labor.
Agora toca descansar e ir pensando nos vindeiros: Fútbol Sala e Voleibol.
Algunhas fotiños destes últimos torneos:
 |
Finalistas: Z
|
 |
Finalistas: Maurete |
 |
Finalistas Brilé: Z e Maurete |
 |
Finalistas Brilé: Jorobaos F.C. |
 |
Finalistas Brilé: Jorobaos F.C. |
 |
Finalistas Bádminton: Daniela e Leah |
 |
Finalistas Bádminton: Pablo e Alan |
 |
Equipo arbitral e de xestión de Bádminton |
Ningún comentario:
Publicar un comentario