Parte do noso alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato despedíu a 2ª avaliación descubrindo a escalada. Unha experiencia novidosa e cargada de diversión e adrenalina.
O noso alumnado puido experimentar:
- Escalada Boulder: Sen corda, arnés, casco... con paredes de menor altura e colchoneta. Tivo lugar na instalación da Asociación de Escaladores Ourensáns (ASESOU).
- Escalada deportiva: Con tódolos elementos de seguridade e en parede máis alta. Tivo lugar no Pabillón dos Remedios.
É o segundo ano que facemos esta experiencia e como sempre queremos agradecer ao Club ASESOU por recibirnos cos brazos abertos e polo bo facer dos seus técnicos.
E en canto ao alumnado, estamos encantados de que se animen a probar alternativas deportivas que tamén están na contorna próxima e que nos ofrecen experiencias motrices menos común pero igualmente saudables, divertidas e enriquecedoras!
E agora a cargar pilas! Boas vacacións!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario