venres, 11 de abril de 2025

EXPERIMENTANDO A ESCALADA

 Parte do noso alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato despedíu a 2ª avaliación descubrindo a escalada. Unha experiencia novidosa e cargada de diversión e adrenalina.

O noso alumnado puido experimentar:

  • Escalada Boulder: Sen corda, arnés, casco... con paredes de menor altura e colchoneta. Tivo lugar na instalación da Asociación de Escaladores Ourensáns (ASESOU).
  • Escalada deportiva: Con tódolos elementos de seguridade e en parede máis alta. Tivo lugar no Pabillón dos Remedios.

É o segundo ano que facemos esta experiencia e como sempre queremos agradecer ao Club ASESOU por recibirnos cos brazos abertos e polo bo facer dos seus técnicos. 

E en canto ao alumnado, estamos encantados de que se animen a probar alternativas deportivas que tamén están na contorna próxima e que nos ofrecen experiencias motrices menos común pero igualmente saudables, divertidas e enriquecedoras! 

E agora a cargar pilas! Boas vacacións!!!




































luns, 7 de abril de 2025

FIN DOS TORNEOS DA 2ª AVALIACIÓN

 Co fin desta avaliación chegan tamén as finais das Ligas internas que se fixeron, Brilé e Bádminton.

Respecto ao Brilé, como cada ano, foi un campionato cargado de participación e bos enfrontamentos no que os resultados foron os seguintes:

  • Categoría 1º e 2º ESO: Os finalistas foron "Maurete" contra "Z". Finalmente Maurete foron os vencedores!
  • Categoría +3º ESO: Jorobaos F.C. impúxose a Chincheto 77.
Respecto ao Bádminton. Moi bo campionato e cun nivelón, especialmente na categoría de 1º-2º ESO. Os resultados foron:
  • Categoría 1º e 2º ESO: Tras unha final moi disputada e de altísimo nivel, Leah impúxose a Daniela. Parabéns a ambas polo nivel amosado!.
  • Categoría +3º ESO: Alan foi o vencedor deste campionato fronte a Pablo A. que volve a escapárselle un ano máis. Parabéns a ambos polo gran campionato realizado!
Queremos destacar tamén aos equipos arbitrais e de xestión dos campionatos (4º ESO) que fixeron unha magnífica labor.

Agora toca descansar e ir pensando nos vindeiros: Fútbol Sala e Voleibol.

Algunhas fotiños destes últimos torneos:







Finalistas: Z

Finalistas: Maurete

Finalistas Brilé: Z e Maurete

Finalistas Brilé: Jorobaos F.C.

Finalistas Brilé: Jorobaos F.C.











Finalistas Bádminton: Daniela e Leah

Finalistas Bádminton: Pablo e Alan
Finalistas Bádminton: Pablo e Alan

Equipo arbitral e de xestión de Bádminton