xoves, 6 de febreiro de 2025

PEONZAS,TROMPOS E BUXAINAS

Se ben na 1ª avaliación achegámonos xa algúns xogos tradicionais e populares, nesta 2ª avaliación continuamos con este fermoso contido sendo a quenda das peonzas. 

Este xoguete tan usado polos nosos devanceiros é común en practicamente en tódalas culturas e atópanse mostras dende as antigas civilizacións. Como puidemos comprobar nestes días, é un xoguete que segue a apaixoar e divertir de xeito transversal e inter-xeracional. 

En Galicia existe unha gran variedade de nomes para este xoguete como peón, peonza, bailarete, buxaina, trompo... e a corda coa que se vai facer que "baile" denomínase "piola". Se ben a denominación dependerá nalgúns casos das características do xoguete (tamaño, forma...) e noutros casos da zona xeográfica, podemos dicir que en todo caso é un xoguete de madeira que leva na súa punta un cravo de ferro ("o ferrón") que fai que baile tras ser lanzado coa "piola".

Xa son case 3 semanas nas que o noso alumnado leva desfrutando deste xoguete e mellorando a súa habilidade, chegando a facer trucos que nos deixaron coa boca aberta!. 

Por outra banda, ademais de xogar nos Recreos Activos, fíxose unha exposición sobre este xoguete onde tamén se convocou un concurso de decoración. Os gañardores foron:
  • Verónica Sofía (2º ESO B)
  • Noé (1º ESO B)
Parabéns polo vosa implicación e por animarse a descubrir xoguetes que sempre funcionan para pasar un bo rato!

Se queredes máis información, botádelle un ollo a estes 2 documentos:
E aquí quedan unhas imaxes da actividade:



Verónica Sofía - Gañadora na decoración

Noé - Gañador na decoración









Ningún comentario:

Publicar un comentario