Dende o noso instituto colaboramos recaudando fondos a través da organización dunha carreira solidaria e, nesta edición, volvimos a encher de alumnado o paseo do río Barbaña coa realización dunha carreira de 1,4Km.
Tanto o alumnado, que era o principal protagonista, como nais, pais e profesorado podía aportar un donativo (mínimo 1€) e de paso desfrutar de dita carreira. Grazas a todos/as vos, conseguimos unha recaudación de:
427,40€
Se ben a competición non era o obxectivo principal, as persoas máis rápidas por categoría foron:
- Infantil Masculino: Jorge M. e Xoán G. que entraron xuntos. (4´20")
- Infantil Feminino: Ruth Gómez (4´47")
- Cadete Masculino: Aitor Dacosta (4´08")
- Cadete Feminino: Xiana Glez e Vega M. que entraron xuntas (6´05")
- Xuvenil Masculino: Daniel A. (4´20")
- Xuvenil Feminino: Candela Rguez. e Lucía P. (8´24")
- Profesorado: Belén Babarro (5´44")
GRAZAS POLA VOSA IMPLICACIÓN.
realizado pola profe Ana L.C.
Info da Organización:
Ningún comentario:
Publicar un comentario