martes, 25 de febreiro de 2025

SEMANA BRANCA: ANDORRA 2025

 O alumnado de Bacharelato ven de rematar a súa experiencia co esquí en Andorra. Foi unha semana tan intensa como fantástica onde puideron descubrir este deporte incluído no bloque de contidos de actividade física o medio natural e que non sempre se ten a opotunidade de experimentar.

Ademais de esquiar tamén puideron coñecer Andorra la Vella, experimentar o seu balneario "Caldea" e facer outra actividade lúdica-deportiva no centro de colchonetas "Xtreme 360º".

Dende o departamento de Educación Física queremos destacar o comportamento exemplar do alumnado que asistíu. Colaborou coa organización das distintas actividades, cos horarios e tivo unha convivencia moi positiva e sempre respectuosa co alumnado do I.E.S. Pazo da Merce (As Neves), o profesorado acompañante, os instructores... Este é o xeito de que as experiencias sexan positivas para todos/as.

VIDEO CON IMAXES DA ACTIVIDADE



xoves, 6 de febreiro de 2025

PEONZAS,TROMPOS E BUXAINAS

Se ben na 1ª avaliación achegámonos xa algúns xogos tradicionais e populares, nesta 2ª avaliación continuamos con este fermoso contido sendo a quenda das peonzas. 

Este xoguete tan usado polos nosos devanceiros é común en practicamente en tódalas culturas e atópanse mostras dende as antigas civilizacións. Como puidemos comprobar nestes días, é un xoguete que segue a apaixoar e divertir de xeito transversal e inter-xeracional. 

En Galicia existe unha gran variedade de nomes para este xoguete como peón, peonza, bailarete, buxaina, trompo... e a corda coa que se vai facer que "baile" denomínase "piola". Se ben a denominación dependerá nalgúns casos das características do xoguete (tamaño, forma...) e noutros casos da zona xeográfica, podemos dicir que en todo caso é un xoguete de madeira que leva na súa punta un cravo de ferro ("o ferrón") que fai que baile tras ser lanzado coa "piola".

Xa son case 3 semanas nas que o noso alumnado leva desfrutando deste xoguete e mellorando a súa habilidade, chegando a facer trucos que nos deixaron coa boca aberta!. 

Por outra banda, ademais de xogar nos Recreos Activos, fíxose unha exposición sobre este xoguete onde tamén se convocou un concurso de decoración. Os gañardores foron:
  • Verónica Sofía (2º ESO B)
  • Noé (1º ESO B)
Parabéns polo vosa implicación e por animarse a descubrir xoguetes que sempre funcionan para pasar un bo rato!

Se queredes máis información, botádelle un ollo a estes 2 documentos:
E aquí quedan unhas imaxes da actividade:



Verónica Sofía - Gañadora na decoración

Noé - Gañador na decoración









luns, 3 de febreiro de 2025

O FERRO COUSELO SOLIDARIO

Como cada ano, o 30 de Xaneiro e en conmemoración do "Día da paz e a non violencia" colaboramos coa O.N.G. Save the Children e cuxa acción deste ano ten por título "Actuemos ante as emerxencias".

Dende o noso instituto colaboramos recaudando fondos a través da organización dunha carreira solidaria e, nesta edición, volvimos a encher de alumnado o paseo do río Barbaña coa realización dunha carreira de 1,4Km.

Tanto o alumnado, que era o principal protagonista, como nais, pais e profesorado podía aportar un donativo (mínimo 1€) e de paso desfrutar de dita carreira. Grazas a todos/as vos, conseguimos unha recaudación de:

427,40€

Se ben a competición non era o obxectivo principal, as persoas máis rápidas por categoría foron:
  • Infantil Masculino: Jorge M. e Xoán G. que entraron xuntos. (4´20")
  • Infantil Feminino: Ruth Gómez (4´47")
  • Cadete Masculino: Aitor Dacosta (4´08")
  • Cadete Feminino: Xiana Glez e Vega M. que entraron xuntas (6´05")
  • Xuvenil Masculino: Daniel A. (4´20")
  • Xuvenil Feminino: Candela Rguez. e Lucía P. (8´24")
  • Profesorado: Belén Babarro (5´44")
Un día emocionante, divertido, saudable e sobre todo cargado de SOLIDARIEDADE.


GRAZAS POLA VOSA IMPLICACIÓN.



realizado pola profe Ana L.C.