Hoxe poñemos fin ao curso 2023-2024 e con el ao CPInnova-Edusaúde. Foi un ano cargado de actividades na procura de crear un centro activo e saudable en tódolos seus ámbitos (físico, mental e social). Máis de 40 accións, algunhas delas permanentes ao longo do curso e aínda que fomos rexistrando todo neste blog ao longo do curso, abaixo queda a listaxe de actividades organizadas así como unha pequena escolma de fotos.
Dar as grazas de novo aos clubs, instalacións e persoas coas que colaboramos ao longo do curso como: Autodefensa Queicoiña, ASESOU, Club Balonmán Miño, Club Ourense Baloncesto, Club Náutico Castrelo de Miño, Club Fútbol Sala Xuventude Ourense, Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, etc... agardamos que para o ano, máis e mellor!
Dende o equipo de traballo deste proxecto tan só nos queda desexarvos un FELIZ, pero tamén SAUDABLE E ACTIVO VERÁN!
1ª AVALIACIÓN• Participación na 46º San Martiño 2023. Todo o alumnado voluntariamente.
• Visita do Club de Fútbol Sala Xuventude Ourense. Todo o alumnado.
• Visita do Club Balonmán Miño. Realización de 2 adestramentos para 1º e 2º E.S.O.
• Obradoiro de Xogos populares e tradicionais no Magosto. Dirixido por 4º da ESO para todo o alumnado.
• Organización do reto motriz de Nadal. Gravación dun vídeo colectivo de todo o alumnado.
• Campionato de baloncesto. Todo o alumnado.
• Campionato de Balonmán. Todo o alumnado.
2ª AVALIACIÓN
• Patinaxe sobre xeo para 1º e 2º ESO
• Visita ao centro do Club Ourense Baloncesto e regalo de entradas. Todo o alumnado.
• Carreira solidaria colaborando con “Save the children”. Todo o alumnado voluntariamente.
• Obradoiro de autodefensa. Bacharelato.
• Campionato de Bádminton. Todo o alumnado.
• Campionato de Brilé. Todo o alumnado.
• 8-M: Exposición de carteis (visibilización) con mulleres deportistas.
• Iniciación ao Esquí: Saída a Manzaneda do alumnado de 4º E.S.O., actividade que contou ca colaboración do Concello de Ourense.
• Campionato de Brilé. Todo o alumnado.
• Iniciación a escalada boulder e deportiva 1º BACH ( ASESOU).
3ª AVALIACIÓN
• Semana da saúde entre 8 e 12 de Abril. Todo o alumnado. Conxunto de actividades en torno á conmemoración do Día Mundial da Saúde (7 de Abril). Incluíuse:
o Reparto de froita nos recreos desas semana. o Análise dos estilos de vida dende as titorías. Enquisa común e reflexión.
o Charla sobre os trastornos da conduta alimentaria (4º da ESO)
o Exposicións: Masterchef saudable (receitas elaboradas por 1º Bacharelato), Canto azucre bebes? (análise de bebidas elaboradas por 2º ESO), las moléculas que comemos (exposición do CSIC)
• Creación de espazos deportivos: Rocódromo no polideportivo con deseño de normas e pasos para seu uso autónomo... Todo o alumnado.
• Bautismo náutico. Saída a Castrelo de Miño con actividades acuáticas 1º e 2º da ESO.
• Visita e taller de iniciación á escalada Boulder e deportiva na Asociación de Escaladores Ourensáns (ASESOU). 1º de Bacharelato.
• Campionato de Fútbol Sala para todo o alumnado.
• Campionato de Voleibol para todo o alumnado.
• Etapa do camiño de Santiago. Proxecto de agrupación de centros.
• Obradoiro de Xogos populares e tradicionais para 1ºESO a cargo do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.
• Elaboración e promoción de pirámide de vida saudable en 2º ESO.
• Taller de primeiros auxilios. 3º da E.S.O.
• Ruta con gymkana matemática polo casco vello de Ourense (Mathcity map),
AO LONGO DO CURSO:
Recreos activos.
• Distribución de diversos espazos e material permanente: Fútbol sala, palas e raquetas, Baloncesto, Tenis de mesa, cordas.
• Espazos variables: Polideportivo, adáptado á programación das diversas actividades deste contratoprograma.
Rexistro de actividades e promoción a través de dúas vías:
• Instagram: @activatenoferro.
Para rematar, a derradeira escolma de fotos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario