Onte, xoves 13 de Xuño, realizouse a derradeira actividade do CPInnova - Edusaúde do presente curso. Consistíu no bautismo náutico en Castrelo de Miño onde case 50 alumnos/as de 2º da E.S.O. principalmente mesturados con algúns de 1º da E.S.O. puideron iniciarse en actividades náuticas no entorno privilexiado de Castrelo de miño.
Dicir que este embalse conta co seu propio club deportivo e que numerosas competicións, seleccións e deportistas de nivel, incluso internacional, empregan este espazo para a súa preparación.
O noso alumnado contou cunhas condicións meteorolóxicas perfectas e puido practicar actividades como:
- Pedaletas.
- Kayak.
- Paddle surf.
- Barco Dragón.
Info do club: https://www.clubnauticocastrelo.es/galego/index.php
Algunhas fotos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario