venres, 21 de xuño de 2024

REMATA O CPINNOVA - EDUSAÚDE 23/24

 Hoxe poñemos fin ao curso 2023-2024 e con el ao CPInnova-Edusaúde. Foi un ano cargado de actividades na procura de crear un centro activo e saudable en tódolos seus ámbitos (físico, mental e social). Máis de 40 accións, algunhas delas permanentes ao longo do curso e aínda que fomos rexistrando todo neste blog ao longo do curso, abaixo queda a listaxe de actividades organizadas así como unha pequena escolma de fotos. 

Dar as grazas de novo aos clubs, instalacións e persoas coas que colaboramos ao longo do curso como: Autodefensa Queicoiña, ASESOU, Club Balonmán Miño, Club Ourense Baloncesto, Club Náutico Castrelo de Miño, Club Fútbol Sala Xuventude Ourense, Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, etc... agardamos que para o ano, máis e mellor!

Dende o equipo de traballo deste proxecto tan só nos queda desexarvos un FELIZ, pero tamén SAUDABLE E ACTIVO VERÁN!

1ª AVALIACIÓN
• Participación na 46º San Martiño 2023. Todo o alumnado voluntariamente.
• Visita do Club de Fútbol Sala Xuventude Ourense. Todo o alumnado. 
• Visita do Club Balonmán Miño. Realización de 2 adestramentos para 1º e 2º E.S.O. 
• Obradoiro de Xogos populares e tradicionais no Magosto. Dirixido por 4º da ESO para todo o alumnado. 
• Organización do reto motriz de Nadal. Gravación dun vídeo colectivo de todo o alumnado. 
• Campionato de baloncesto. Todo o alumnado.
• Campionato de Balonmán. Todo o alumnado.

2ª AVALIACIÓN 
• Patinaxe sobre xeo para 1º e 2º ESO 
• Visita ao centro do Club Ourense Baloncesto e regalo de entradas. Todo o alumnado.  
• Carreira solidaria colaborando con “Save the children”. Todo o alumnado voluntariamente.
• Obradoiro de autodefensa. Bacharelato. 
• Campionato de Bádminton. Todo o alumnado. 
• Campionato de Brilé. Todo o alumnado. 
• 8-M: Exposición de carteis (visibilización) con mulleres deportistas. 
• Iniciación ao Esquí: Saída a Manzaneda do alumnado de 4º E.S.O., actividade que contou ca colaboración do Concello de Ourense.
• Campionato de Brilé. Todo o alumnado. 
• Iniciación a escalada boulder e deportiva 1º BACH ( ASESOU). 

3ª AVALIACIÓN 
• Semana da saúde entre 8 e 12 de Abril. Todo o alumnado. Conxunto de actividades en torno á conmemoración do Día Mundial da Saúde (7 de Abril). Incluíuse: 
o Reparto de froita nos recreos desas semana. o Análise dos estilos de vida dende as titorías. Enquisa común e reflexión.
o Charla sobre os trastornos da conduta alimentaria (4º da ESO) 
o Exposicións: Masterchef saudable (receitas elaboradas por 1º Bacharelato), Canto azucre bebes? (análise de bebidas elaboradas por 2º ESO), las moléculas que comemos (exposición do CSIC) 
• Creación de espazos deportivos: Rocódromo no polideportivo con deseño de normas e pasos para seu uso autónomo... Todo o alumnado. 
• Bautismo náutico. Saída a Castrelo de Miño con actividades acuáticas 1º e 2º da ESO. 
• Visita e taller de iniciación á escalada Boulder e deportiva na Asociación de Escaladores Ourensáns (ASESOU). 1º de Bacharelato. 
• Campionato de Fútbol Sala para todo o alumnado. 
• Campionato de Voleibol para todo o alumnado.
• Etapa do camiño de Santiago. Proxecto de agrupación de centros.
• Obradoiro de Xogos populares e tradicionais para 1ºESO a cargo do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo. 
• Elaboración e promoción de pirámide de vida saudable en 2º ESO. 
• Taller de primeiros auxilios. 3º da E.S.O. 
• Ruta con gymkana matemática polo casco vello de Ourense (Mathcity map),  

AO LONGO DO CURSO: 
Recreos activos. 
• Distribución de diversos espazos e material permanente: Fútbol sala, palas e raquetas, Baloncesto, Tenis de mesa, cordas. 
• Espazos variables: Polideportivo, adáptado á programación das diversas actividades deste contratoprograma. 

Rexistro de actividades e promoción a través de dúas vías: 
• Instagram: @activatenoferro.

Para rematar, a derradeira escolma de fotos:





















venres, 14 de xuño de 2024

BAUTISMO NÁUTICO EN CASTERLO DE MIÑO

 Onte, xoves 13 de Xuño, realizouse a derradeira actividade do CPInnova - Edusaúde do presente curso. Consistíu no bautismo náutico en Castrelo de Miño onde case 50 alumnos/as de 2º da E.S.O. principalmente mesturados con algúns de 1º da E.S.O. puideron iniciarse en actividades náuticas no entorno privilexiado de Castrelo de miño

Dicir que este embalse conta co seu propio club deportivo e que numerosas competicións, seleccións e deportistas de nivel, incluso internacional, empregan este espazo para a súa preparación.

O noso alumnado contou cunhas condicións meteorolóxicas perfectas e puido practicar actividades como:

  • Pedaletas.
  • Kayak.
  • Paddle surf.
  • Barco Dragón.
Como sempre, agradecidos ao Club Naútico Castrelo de Miño pola súa acollida, bo facer e pola súa labor de achegar aos rapaces e rapazas este tipo de actividades.

Info do club: https://www.clubnauticocastrelo.es/galego/index.php 

Algunhas fotos:














venres, 7 de xuño de 2024

CAMPIONATO DE VOLEIBOL

Rematou a derradeira competición dos recreos activos, o disputadísimo campionato de voleibol a 4 mixto. Un campionato intenso, especialmente na categoría de +3º da E.S.O. e no que se deron os seguintes resultados:
  • Categoría 1º-2º E.S.O.: Consistíu nun triangular entre 3 equipos coa posterior final entre 2 deles, O MaríaM. V.C. e o Voleibol F.C. Finalmente o MaríaM. impúxose por 2 sets a 1. 
  • Categoría +3º E.S.O.: Participaron 5 equipos e que tras a fase de liga, chegaron á final "Los Borbones", como primeiros e favoritos contra  "Sabela Cortés" que tiveron que desempatar a fase previa con "3º E.S.O.". "Sabela Cortés" fixo un partido moi sólido levándose a final, para sorpresa de todos e todas, por un rotundo 2 sets a 0.
Con este campionato damos por finalizadas as competicións internas deste curso 2023-2024, pero por suposto, SEGUIMOS ACTIVOS nos diferentes espazos distribuídos durante os recreos: 
  • Zona de Fútbol + zona de palas e raquetas (patio posterior) 
  • Zona de Baloncesto + zona de tenis de mesa (patio superior) 
  • Zona de voleibol (polideportivo).
Algunhas fotos!

 
Campións +3º E.S.O.: Sabela Cortés

Campións 1º-2º E.S.O.: MaríaM.

Finalistas +3º E.S.O.: Los Brobones

Finalistas 1º-2º E.S.O.: Voleibol F.C.