martes, 17 de outubro de 2023

VISITA DO CLUB BALONMÁN MIÑO

 Esta semana tivemos a visita do Club Balonmán Miño que viñeron a promocionar o seu deporte entre o alumnado de 1º e 2º da ESO. Aproveitando esta visita pasaremos a organizar nos vindeiros días o campionato interno de Balonmán.

O noso alumnado puido experimentar e desfrutar deste fantástico deporte da mán de Martín e Lucia, aos que agradecemos a visita, dispoñibilidade e bo facer.

O Club Balonmán Miño ten os seguintes horarios de adestramento:

  • Martes: No Pavillón da policia nacional de 19:00 a 20:00
  • Mércores: No anexo "Os remedios" de 16:15 a 17:30
  • Venres: No anexo "Os remedios" de 17:00 a 18:30

Máis info en: https://www.bmminho.com/ 














Ningún comentario:

Publicar un comentario