Comezou o curso 2023/2024 e continuamos co proxecto de promoción de estilos de vida activos e saudables, desta vez, no marco dos programas CPinnova - Edusaúde.
Agardamos un curso cargado de actividades variadas onde ofreceremos ao alumnado experiencias diversas e coñecemento para acadar unha vida saudable.
A primeiras iniciativas foron:
Retomar os RECREOS ACTIVOS este ano con 3 opcións:
- Uso do ximnasio e como se pode ver nas fotos, todo un éxito de participación coa descuberta do DATCHBALL, un deporte alternativo semellante ao brilé ou balón prisioneiro. En breve, virá o primeiro campionato!.
- Tenis de mesa: Xa empregadas durante o pasado curso
- Cesións de material deportivo para uso libre: O alumnado pode empregar material deportivo variado para o seu desfrute no patio cuberto.
Por outra banda, engadimos unha iniciativa relacionada coas redes sociais. Crease un perfil en INSTAGRAM co nome "activatenoferro", onde se promocionarán as iniciativas do centro, eventos deportivos así como clubs ou institucións da nosa cidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario