Xa chegando á fín deste curso, recordamos que un dos principais obxectivos deste proxecto é promocionar e colaborar na adquisición dun estilo de vida activo e saudable en tódalas súas dimensións (física, mental e social). Recollemos nesta entrada diferentes accións que se desenvolveron ao longo do curso dirixidas dende un enfoque máis "teórico":
- Charla sobre o perigo das bebidas enerxéticas, en colaboración coa UDC.
- Charla sobre as consecuencias do fume de tabaco, en colaboración coa USC.
- Charla sobre a importancia do coidado e saúde dos pés no deporte, en colaboración coa UVigo.
- Obradoiro de Primeiros Auxilios, en colaboración co Concello de Ourense.
- Elaboración dun proxecto "Explorando a ciencia dos Medicamentos", onde o alumnado de 3º da ESO, coordinado polo departamento de Ciencias investigou, analizou e promoveu unha exposición sobre a historia, o principios activos, o consumo... dos diversos medicamentos máis empregados como a aspirina, o paracetamol ou os antiinflamatorios.
- Elaboración de menús e consellos saudables no marco da unidade didáctica de "Masterchef saudable" onde o alumnado de 1º de Bacharelato se achegou ás principais recomendacións de alimentación saudable (Harvard, SENC e OMS), así como a outras recomendacións relacionadas cos diversos ámbitos do estilo de vida (actividade física, descanso...). Unha vez visto isto, elaboraron menús saudables, indicando a súa composición nutricional, listas de consellos saudables e finalmente, algúns alumnos/as participaron na elaboración dun Podcast con consellos saudables que podedes escoitar aquí:
Algunhas fotos destas actividades:
Ningún comentario:
Publicar un comentario