Dende departamento de Educación Física e en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega desfrutamos dunha xornada de xogos tradicionais e populares galegos acompañado da reproducción de música en galego.
Só nos queda desexarvos que pasedes uns bos Magostos.
Un ano máis, o alumnado de 4º da ESO encargouse de aprender, xestionar e dirixir unha escolma xogos aos que engadiron carteis informativos e cos que desfrutou todo o alumnado da ESO. Os xogos foron os seguintes:
- Billarda.
- A chave, variante de Ourense.
- Bolos.
- Os tres pés.
- Zancos.
- Carreiras de sacos.
- A mariola.
- Tiro de corda.
- Salto de corda.
Temos que agradecer o bo facer do alumnado de 4º da ESO que conseguiron que a xornada fora un éxito.
Só nos queda desexarvos que pasedes uns bos Magostos.
Algunhas fotos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario