Xa podedes desfrutar do noso rocódromo como un espazo máis dos recreos activos.
Nos carteis que se atopan nos lateriais podedes atopar percorridos e progresións de dificultade, así como as normas de seguridade. É importante avisar ao profesor e colocar unhas colchonetas debaixo.
En canto aos percorridos, ademais de estar marcados nos carteis, tamén atoparedes as marcas na parede:
- 6 percorridos en total, 3 no panel esquerdo e outros 3 no panel dereito.
- En cada panel, divídense en percorrido verde, amarelo e vermello.
- A entrada (comezo) sinálase cunha estrela en cada apoio/agarre e na cor do percorrido a realizar.
- Os puntos intermedios márcanse con cadrados da cor a realizar.
- Os puntos finais (saídas) deben ser tocados coas 2 máns e márcanse cunha estrela+rectángulo.
Serás capaz de realizar tódalas progresións e percorridos? Se o consegues, logo sempre podes darlle á cabeza e crear os teus propios percorridos!
Agardamos vervos superar estes retos.
Ánimo!
Cartel de normas e progresións
Cartel de percorridos
Estrelas: Puntos de entrada (comezo)
Cadrados: Puntos intermedios, de paso.
Estrelas+rectángulo: Puntos finais a tocar con 2 máns (saída)
Ningún comentario:
Publicar un comentario