O día 7 de Abril conmemórase o Día Mundial da Saúde e dende o profesorado participante no Contrato Programa Innova - Edudasúde organizouse a Semana da saúde no noso instituto.
O obxectivo foi centrar nesta semana iniciativas que promovan estilos de vida saudables dende un enfoque global, é dicir, dende as 3 dimensións que ten a saúde. "Estado de benestar físico, mental e social."
Realizouse entre o día 8 e 12 de Abril e incluíronse as seguintes actividades:
- Punto de alimentación saudable con reparto de froita nos recreos.
- Exposicións sobre alimentación.
- Exposición Canto azucre bebes?: Análise e mostra do azucre que levan diferentes bebidas que pode consumir o noso alumnado. Elaborada polo alumnado de 2º ESO en Física e Química.
- Exposición Masterchef saudable: Propostas de diferentes menús saudables deseñados polo alumnado de 1º de Bacharelato en Educación Física.
- Exposición "Las moléculas que comemos": Carteis informativos deseñados e distribuídos polo CSIC (Centro superior de investigaciones científicas). Abórdanse distintos aspectos relacionados coa alimentación.
- Análise e reflexión dos estilos de vida dende as titorías. Levas unha vida saudable?
- Charla sobre os trastornos da conduta alimentaria en 3º e 4º da E.S.O.
- Organización da Liga de Fútbol Sala.
Xa sabes, a que esperas para aplicar todo isto e pasarte a un estilo de vida activo e saudable?
Punto de alimentación saudable: Reparto de froita
Charla de Trastornos da conduta alimentaria.
Tablón de exposicións: Canto azucre bebes? (2º ESO)
Exposición CSIC: Las moléculas que comemos
Proposta menú saudable: Masterchef saudable (1º BACH)
Ningún comentario:
Publicar un comentario