Un dos obxectivos do noso proxecto é aportarlle ao alumnado cantidade e variedade de experiencias motrices que teñen na contorna. Desta volta foi a quenda da escalada no club ASESOU.
O alumnado de 1º Bacharelato coñeceu 2 modalidades de escalada:
- Escalada Boulder ou "en bloque": Trátase de superar percorridos "pasos" en paredes de menor altura. No caso de realizala no monte emprégase unha colchoneta portatil e plegable en forma de mochila (crashpad). Polo resto, tan só pés de gato, magnesio e a colgarse.
- Escalada Deportiva: Realízanse paredes de maior altura e engadindo elementos de seguridade como arnés e corda, casco... Coñecimos e probamos todos estes elementos e superamos expectativas en canto ás alturas conseguidas!.
Agradecer ao club ASESOU e aos técnicos/as pola súa acollida, disponibilidade e bo facer. De seguro que nos veremos máis veces!
- Info club ASESOU: https://www.asesou.com/nv/ e tamén nas redes sociais.
Algunhas fotiños: