O alumnado de 1º da ESO visitou a pista de xeo localizada no centro comercial Pontevella e deste xeito puido achegarse a unha experiencia motriz pouco común no noso contexto, a patinaxe sobre xeo.
Tendo en conta o gran abano de actividades que hai no exercicio físico e o deporte, nalgúns casos o descoñecemento e a falta de experiencias motrices variadas é un dos motivos polos que non se asenta un estilo de vida activo e saudable. A patinaxe, sexa sobre xeo ou sobre outras superficies, é unha experiencia máis que se levan estes mozos e mozas e que, de seguro, poderán valorar como opción para un lecer activo e saudable.
Como parte da actividade fixeron o desprazamento a pé, promovendo deste xeito o transporte activo. Camiñar, unha alternativa para moverse nunha pequena cidade como a nosa, é unha opción saudable, ecolóxica e económica, que deberíamos asentar dende cativos.
No marco do contrato programa INNOVA- Edusaúde desfrutaron dunha mañá cargada de actividade física, diversión, novas experiencias e saúde.
Algunhas fotos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario