Como cada ano, o 30 de Xaneiro e en conmemoración do día da paz e a non violencia no ámbito escolar colaboramos coa O.N.G. Save the Children.
A acción solidaria deste ano vai encamiñada a combater a fame e desnutrición infantil e dende o noso instituto colaboramos recaudando fondos a través da organización dunha carreira solidaria, nesta edición, de obstáculos.
Tanto o alumnado, que era o principal protagonista, como nais, pais e profesorado podía aportar un donativo (entre 1 e 10€) e de paso desfrutar dunha carreira de obstáculos (O.C.R.).
A carreira desenvolveuse no recinto do centro e ademais de correr implicou superar obstáculos onde os participantes tiveron que amosar equilibrio, coordinación, forza para trepar e saltar, velocidade e resistencia.
- Infantil Masculino: Sergio Q. (2º E.S.O. C)
- Infantil Feminino: Katia A. (2º E.S.O. D)
- Cadete Masculino: Matías B. (3º E.S.O. B)
- Cadete Feminino: África B. (4º E.S.O. B)
- Xuvenil Masculino: Óscar Glez. (1º Bac B)
- Xuvenil Feminino: Sabela Álvarez (4º ESO A)
- Profesorado: Ana L. e Iago.
- https://www.savethechildren.es/kilometros-de-solidaridad-coles
- Vídeo da ONG sobre a fame e a desnutrición: https://www.youtube.com/watch?v=8VLn9Abxx7o
Algunhas fotiños: