martes, 23 de maio de 2023

BAUTISMO NAUTICO EN CASTRELO DE MIÑO (3º E.S.O.)

 Co obxectivo de promover experiencias arredor dos deportes no medio natural, o departamento de Educación Física en colaboración co Club nautico de Castrelo de miño organizou unha saída a dito embalse.

Este luns 22, o alumnado de 3º da E.S.O. puido experimentar e desfrutar de:

  • Xogo de pistas e orientación polo entorno de Castrelo.
  • Paddle-surf.
  • Kayak.
  • Wind-surf
  • Uso de pedaletas.
  • Paseo en embarcación a vela "gamba".
Castrelo de Miñó é empregado por numerosos deportistas e equipos internacionais para a preparación das súas competicións, pois conta cunhas condicións excepcionais. Localizado a escasa distancia da nosa cidade é unha opción excelente para empregar o noso tempo de lecer de xeito diferente, activo e saudable.


O vindeiro Luns 29, tocaralle ao alumnado de 2º da E.S.O.

Algunhas fotos da actividade:























Ningún comentario:

Publicar un comentario