O Xoves 11 de Novembro desfrutamos dunha xornada lúdica onde o alumnado de 4º ESO organizou e supervisou a posta en práctica de xogos populares e tradicionais de Galicia.
Alumnado e profesorado pasamos un día divertido e diferente grazas aos xogos que empregaban os nosos devanceiros. Os xogos que se experimentaron foron:
- Billarda.
- A chave (variante ourensá).
- Xogo de bolos: Adaptación dos Birlos ao canteiro.
- Zancos.
- Carreira de sacos.
- Os tres pés.
- O tiro de corda ou turra-soga.
- A mariola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario