luns, 23 de xuño de 2025

FIN DO PVAD 24-25

 Rematamos o curso e con el o Proxecto de Vida Activa e Deportiva! Foron moitas as actividades que fixemos, aquí vai un resumo:

1ª AVALIACIÓN
  • Participación na 47º San Martiño 2024. Todo o alumnado. (Saúde física)
  • Participación no Campionato Escolar de Cros – XOGADE. 1º ESO (Saúde física)
  • Obradoiro de Xogos populares e tradicionais no Magosto. Dirixido por 4º da ESO para todo o alumnado. (Saúde física e social)
  • Participación nas Xornadas “Xogando co atletismo“ – XOGADE. 1º ESO (Saúde física)
  • Organización do reto motriz de Nadal. Gravación dun vídeo colectivo de todo o alumnado. (Saúde física e social)
  • Campionato de baloncesto. Todo o alumnado. (Saúde física e social)
  • Campionato de Balonmán. Todo o alumnado. (Saúde física e social)
2ª AVALIACIÓN
  • Semana Branca en ANDORRA con 1º de Bacharelato. (Saúde física e social)
  • Carreira solidaria colaborando con “Save the children”. Todo o alumnado. (Saúde física e social)
  • Campionato de Bádminton. Todo o alumnado. (Saúde física e social)
  • Campionato de Brilé. Todo o alumnado. (Saúde física e social)
  • 8-M: Exposición de carteis (visibilización) con mulleres deportistas. (Saúde social)
  • Organización do xogo “As meigas do Ferro”. Xogo cooperativo de educación en valores relacionado coa conmemoración do 8-M (Saúde social e física)
  • Campionato de Peóns, trompos e buxainas con concurso de decoración. Todo o alumnado. (Saúde física e social).
  • Campionato de Brilé. Todo o alumnado. (Saúde física e social).
  • Participación no Campionato Escolar de Bádminton – XOGADE. Alumnado de 2º ESO. (Saúde física e social)
  • Iniciación a escalada boulder e deportiva con 4º ESO e 1º Bacharelato ( ASESOU). (Saúde física e social)
  • Obradoiro de Xogos populares e tradicionais para 1ºESO a cargo do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo. (Saúde física e social)
  • Taller “Os pés no deporte”. 1º ESO. (Saúde física).
  • Taller “O fume de tabaco”. 4º ESO. (Saúde física).
  • Taller ao redor das bebidas enerxéticas. USC. 1º BAC. (Saúde física).
3ª AVALIACIÓN
  • Recreos saudabeis. Reparto do Leite e froita a través da axuda do FOGGA. De Abril a Xuño. (Saúde física e social)
  • Sendeirismo no Parque Nacional da Illas Atlánticas. 1º ESO. (Saúde física e social)
  • Participación no Campionato Escolar de Voleibol – XOGADE. 3º ESO. (Saúde física e social)
  • Campionato interno de Fútbol Sala para todo o alumnado. (Saúde física e social)
  • Campionato interno de Voleibol para todo o alumnado. (Saúde física e social)
  • Elaboración dun proxecto sobre os medicamentos e exposición do mesmo. Departamento de Física e Química. (Saúde física).
  • Elaboración de menús saudabeis e podcast relacionado con esta unidade. 1º BAC. (Saúde física, mental e social)
  • Taller de primeiros auxilios. 3º da E.S.O. (Saúde física, mental e social)

AO LONGO DO CURSO: Recreos activos.
  • Distribución de diversos espazos e material permanente: Fútbol sala, palas e raquetas, Baloncesto, Tenis de mesa, cordas…
  • Espazos variables: Polideportivo, adáptado á programación das diversas actividades deste contrato-programa.
Rexistro de actividades e promoción a través de dúas vías:

Ademais de desexarvos un feliz verán, queremos agradecer a todos/as a vosa implicación e bo comportamento durante as actividades deste curso e pedirvos unha vez máis, que vos sumedes a un estilo de vida activo e saudable.

Despedímonos coas fotos que figuran no "Salón da fama" do noso polideportivo:










mércores, 18 de xuño de 2025

FIN DAS LIGAS INTERNAS

 Hoxe finalizou o campionato interno de Voleibol e con el os torneos da 3ª Avaliación. Os resultados foron os seguintes:

  • Fútbol Sala:
    • Na categoría de 1º e 2º ESO o equipo campión foi "La Bordelle".
    • Na categoría de +3º ESO o trofeo foi para "Pelaos".
  • Voleibol:
    • Na categoría de 1º e 2º ESO o equipo campión foi "Ratamouto".
    • Na categoría de +3º ESO venceron os "Berta".

Estas actividades poñen o broche final aos recreos activos. Agardamos que desfrutarades desta parte do proxecto de vida activa e deportiva. Dende logo estamos moi satisfeitos co nivel de participación e consideramos que se aportaron, con gran éxito de participación, numerosas opcións para invertir o tempo de recreo de xeito activo, saudable e divertido.

Algunhas fotiños destes últimos campionatos:

Campións Voleibol +3º ESO. Berta
Campións Voleibol +3º ESO. Berta

Finalistas Voleibol +3º ESO. Josecho Melena

Campións Voleibol 1º e 2º ESO. Ratamouto
Campións Voleibol 1º e 2º ESO. Ratamouto

Finalistas Voleibol 1º e 2º ESO. Bogavantes

Campións Futbol Sala 1º e 2º ESO. La Bordelle

Campións Futbol Sala +3º ESO. Pelaos

Finalistas Futbol Sala +3º ESO. 

Finalistas Futbol Sala 1º e 2º ESO. Mauro









sábado, 14 de xuño de 2025

EDUCACIÓN PARA UN ESTILO DE VIDA SAUDABLE

 Xa chegando á fín deste curso, recordamos que un dos principais obxectivos deste proxecto é promocionar e colaborar na adquisición dun estilo de vida activo e saudable en tódalas súas dimensións (física, mental e social). Recollemos nesta entrada diferentes accións que se desenvolveron ao longo do curso dirixidas dende un enfoque máis "teórico":

  • Charla sobre o perigo das bebidas enerxéticas, en colaboración coa UDC.
  • Charla sobre as consecuencias do fume de tabaco, en colaboración coa USC.
  • Charla sobre a importancia do coidado e saúde dos pés no deporte, en colaboración coa UVigo.
  • Obradoiro de Primeiros Auxilios, en colaboración co Concello de Ourense.
  • Elaboración dun proxecto "Explorando a ciencia dos Medicamentos", onde o alumnado de 3º da ESO, coordinado polo departamento de Ciencias investigou, analizou e promoveu unha exposición sobre a historia, o principios activos, o consumo... dos diversos medicamentos máis empregados como a aspirina, o paracetamol ou os antiinflamatorios.
  • Elaboración de menús e consellos saudables no marco da unidade didáctica de "Masterchef saudable" onde o alumnado de 1º de Bacharelato se achegou ás principais recomendacións de alimentación saudable (Harvard, SENC e OMS), así como a outras recomendacións relacionadas cos diversos ámbitos do estilo de vida (actividade física, descanso...). Unha vez visto isto, elaboraron menús saudables, indicando a súa composición nutricional, listas de consellos saudables e finalmente, algúns alumnos/as participaron na elaboración dun Podcast con consellos saudables que podedes escoitar aquí:

Algunhas fotos destas actividades:


















luns, 26 de maio de 2025

Sendeirismo no Parque Nacional das Illas Atlánticas

O noso alumnado de 1° da E.S.O. puido desfrutar hoxe do fermoso espazo das Illas Cíes (Parque Nacional das Illas Atlánticas) como parte da unidade de Actividade Física no Medio Natural.

A actividade organizada polo departamento de Educación Física e coa colaboración do Departamento de Ciencias Naturais, consistíu nun roteiro dende o peirao até o faro das Cíes. Uns 7km (ida e volta) con 178m de desnivel.

Todo esforzo ten a súa recompensa e aproveitando o fantástico día que tivemos, o noso alumnado gozou dun baño na marabillosa praia de Rodas.

Seguimos sumando experiencias activas, divertidas e saudables! 😊

Preme na foto para ver o video-resumo da actividade:




xoves, 22 de maio de 2025

XOGADE: Campionato de Voleibol

 O alumnado de 3º da ESO participou no Campionato de Voleibol organizado a través do programa XOGADE que se celebrou na Expourense coincidindo co congreso de deporte e turismo "Sportur".

Rapaces e rapazas de 11 centros se deron cita neste evento NON competitivo, onde os resultados foron o de menos e se deixou paso á diversión e actividade física como protagonistas. 

Con este evento dase por finalizado o programa XOGADE, así que agardaremos ao ano que ven para desfrutalo de novo!

Algunhas fotiños do evento: