luns, 26 de maio de 2025

Sendeirismo no Parque Nacional das Illas Atlánticas

O noso alumnado de 1° da E.S.O. puido desfrutar hoxe do fermoso espazo das Illas Cíes (Parque Nacional das Illas Atlánticas) como parte da unidade de Actividade Física no Medio Natural.

A actividade organizada polo departamento de Educación Física e coa colaboración do Departamento de Ciencias Naturais, consistíu nun roteiro dende o peirao até o faro das Cíes. Uns 7km (ida e volta) con 178m de desnivel.

Todo esforzo ten a súa recompensa e aproveitando o fantástico día que tivemos, o noso alumnado gozou dun baño na marabillosa praia de Rodas.

Seguimos sumando experiencias activas, divertidas e saudables! 😊

Preme na foto para ver o video-resumo da actividade:




xoves, 22 de maio de 2025

XOGADE: Campionato de Voleibol

 O alumnado de 3º da ESO participou no Campionato de Voleibol organizado a través do programa XOGADE que se celebrou na Expourense coincidindo co congreso de deporte e turismo "Sportur".

Rapaces e rapazas de 11 centros se deron cita neste evento NON competitivo, onde os resultados foron o de menos e se deixou paso á diversión e actividade física como protagonistas. 

Con este evento dase por finalizado o programa XOGADE, así que agardaremos ao ano que ven para desfrutalo de novo!

Algunhas fotiños do evento:











martes, 6 de maio de 2025

Concurso de Relato e Debuxo “Os valores no deporte”

 Dende o Departamento de Educación Física queremos felicitar ao noso alumno Manuel Mota de 1º da ESO por gañar o 1º premio do concurso de relatos “Os valores no deporte” organizado polo Club Ourense Baloncesto.

Grazas a isto, puido desfrutar de 3 entradas para o último encontro e saír a pista no descanso do encontro para ser felicitado publicamente.

Parabéns Manuel!

INFO: https://www.clubourensebaloncesto.com/index.php?lm=3092



ALMORZOS SAUDABLES: Froita e Leite no recreo

Como no curso pasado, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial da Saúde (7 de Abril), comezamos coa repartición de froita. Tendo en conta o éxito do pasado curso, propuxémonos melloralo e amplialo.

No presente curso solicitamos a axuda do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) e conseguimos non só incrementar a cantidade de froita e tempo que durará esta acción, senón que sumamos tamén a repartición de Leite Ecolóxica e de produción local.

Agradecer tamén ás empresas que nos subministran, Frutas Raúl S.L. e Leite Sen Máis, que nos están poñendo todas as facilidades para que esta acción sexa un éxito.

Por último, pedir a colaboración do alumnado que consume leite, traendo vasos reutilizables de casa e favorecer así unha repartición máis sostible, ecolóxica e responsable.