mércores, 19 de marzo de 2025

BÁDMINTON: TORNEO XOGADE

O alumnado de 2º ESO participou no torneo de Bádminton organizado a través da Plataforma XOGADE. O noso alumnado, que fixo unha fantástica participación, puido experimentar encontros nas categorías de:
  • Individuais feminino.
  • Individuais masculino.
  • Dobres feminino.
  • Dobres masculino.
  • Dobres mixto.
Ademais tamén colaboraron coa organización e responsabilizáronse de arbitrar boa parte dos encontros.

Unha experiencia xenial para coñecer máis en profundidade este marabilloso deporte e valoralo como unha opción para ocupar de xeito saudable o seu tempo de lecer.

Neste evento participaron máis de 10 centros de toda a provincia, destacando un gran ambiente de diversión, respecto e desfrute.

Algunhas fotos:












martes, 18 de marzo de 2025

AS MEIGAS DO FERRO

 O pasado Venres día 14 de Marzo e en relación coa conmemoración do 8 de Marzo, organizouse dende o Departamento de Educación Física unha actividade titulada "As Meigas do Ferro" dirixida ao alumnado de 1º e 2º da ESO.

A actividade estaba enmarcada nunha historia de fantasía onde o alumnado, distribuído en grupos, tivo que superar unha serie de retos motrices cooperativos. Deste xeito, conseguiron os elementos máxicos que as meigas precisaban para facer unha apócema e posteriormente recitaron o conxuro que rompeu o maleficio que afectaba aos participantes e os convertía en persoas dóciles e submisas.

O CONXURO QUE NON DEBEMOS ESQUECER:

"NIN DOMINANTES, NIN SUBMISAS OBEDIENTES, 

PERSOAS LIBRES E DIFERENTES.

QUE A MALDICIÓN POR AQUÍ NON SE VOLVA A VER

QUE CADA CAL SEXA COMO QUERE SER"
 

O noso alumnado puido aprender e valorar, dun xeito divertido, valores tan importantes como a diversidade, a igualdade efectiva entre homes e mulleres, o respecto ou a tolerancia.

VIDEO DA ACTIVIDADE: https://www.youtube.com/watch?v=7zbOyzW-fjY