xoves, 14 de novembro de 2024

CAMPO A TRAVÉS (XOGADE)

Esta mañá o alumnado de 1°,2° e 3° da E.S.O. participou no campionato escolar de Cros organizado a través do plan XOGADE.

Aproximadamente 800 nenas e nenos de distintos centros se deron cita en Monterrei para desfrutar desta carreira e na que finalmente o noso centro tivo 77 representantes repartidos en 4 categorías: infantil femenino e masculino (1°ESO) e cadete feminino e masculino (2-3°ESO).

Tódolos participantes deron o mellor de si e sobre todo desfrutaron dunha mañá divertida e saudable. Ademáis, achegáronse a outra modalidade e espazo deportivo do que desfrutar no seu tempo de lecer. 

Felicitamos a todas e todos polo seu esforzo, compañeirismo e deportividade amosada, pero tamén temos que destacar os excepcionais podios conseguidos en 3 das 4 categorías. Obtivemos 4 medallas de 12 posibles e tendo en conta que había entre 700-800 participantes, podemos dicir que o I.E.S. Xesús Ferro Couselo ten un nivelón!. O alumnado que conseguíu medalla foi:
  • Mihret Salgado - prata - Cadete feminino.
  • Ruth Gómez - prata - Infantil feminino.
  • Xoán Gómez - ouro - Infantil masculino.
  • Sebastián Dominguez - Bronce - Infantil masculino.
A pesar das dificultades organizativas, a participación do alumnado foi todo un éxito!!! Parabéns a todas e todos!

Algunhas fotiños (grazas ao profe Miguel! ☺)





















luns, 11 de novembro de 2024

SAN MARTIÑO 2024

 Un ano máis o alumnado do I.E.S. Xesús Ferro Couselo estivo presente no evento deportivo máis multitudinario da provincia, a histórica carreira San Martiño, neste caso, a edición nº48.

Dos 140 inscritos deste ano, acadamos uns 121 participantes que desfrutaron dunha mañá divertida e saudable, todo un record tendo en conta o total de alumnado do noso centro. Arredor dun tercio do total do alumnado participou e houbo representantes de tódolos cursos (2º Bac incluído).

Na edición do ano 2023 foran 78 os/as representantes do noso centro e no 2022 uns 45, o que amosa que cada vez temos un centro máis activo e saudable. Comparando as fotos dos anos anteriores e que están neste blog, xa case non collemos na foto 😂

En canto aos alumnos/as máis destacados desta edición:

  • Sub 18 - Masculino: Iago Borrajo (1º BAC) - 17´31" - Repite e reduce o seu record do ano pasado en 3 minutos! Parabéns Iago!
  • Sub 18 - Feminina: Sabela Padrón (1º BAC) - 23´53" - Tamén repite e reduce en 5 minutos o seu record! Parabéns Sabela!
  • Sub 16 - Masculino: Matias Blas (4º ESO) - 24´01" 
  • Sub 16 - Feminina: Eva Miranda (3º ESO) - 27´26" 
  • Sub 14 - Masculino: Elías García (2º ESO) - 21´21"
  • Sub 14 - Feminina: Ruth Gómez (1º ESO) - 22´51" 
Queremos destacar ao alumnado da categoría Sub-14 que ven pisando moi forte e con moi bos resultados en xeral!!

E tralo esforzo da San Martiño, só queda desfrutar dun bo e ben merecido Magosto!

Algunhas fotos do noso alumnado (por cortesía da profe Ana 😊)